PROXECTO AS TORRES- TOMIÑO

A paisaxe fortificada

A construción da paisaxe fortificada transfronteirizo hai que entendela dentro dun proceso histórico moi concreto: a guerra que enfrontou ás potencias española e portuguesa entre 1640 e 1668 pola independencia de Portugal.

 

Ao longo deses 28 anos, e tamén despois, as defensas medievais das poboacións de fronteira fóronse transformando de acordo aos principios modernos das fortificaciones abaluartadas, configurando unha das paisaxes militares máis interesantes do século XVII en Europa. 

 

 

A primeira consecuencia deste feito histórico de gran importancia para a península ibérica foi a construción dunha rede defensiva fronteiriza que modernizaba a rede de castelos medievais, dando lugar a unha nova paisaxe que materializaba os principios da fortificación abaluartada: agora os castelos medievais, coas súas torres de homenaxe, cambiaban a súa fisonomía, e eran arroupados por baluartes e complexas liñas defensivas. As terras de ao redor enchéronse de fosos, medias lúas, revellines, hornabeques e outras defensas exteriores que dificultaban o acceso ao exército inimigo. 

 

 

As cidades fronteirizas sufrirán unha importantísima transformación que modificará radicalmente a súa planta, os sistemas de acceso ou a vida dos seus habitantes, que viron agora o inicio de grandes empresas construtivas no medio de batallas intermitentes 

 

Esta paisaxe supón a suma de varios conxuntos defensivos que aglutinan unha serie de fortificacións, vías, pasos e estruturas de control como fachos, e do espazo físico, constituído por ambas marxes da ribeira do Miño e as cadeas montañosas que as pechan polo norte e polo sur. Este río supón a vía principal de tránsito, un elemento transversal á paisaxe analizada, co que se relacionan todos os conxuntos agás o de Extremo.

 

Dos oito conxuntos definidos, cinco teñen fortificacións a ambos lados do Miño e interactúan con el de forma directa. A maior parte dos conxuntos articúlanse en base a dúas poboacións enfrontadas en ambas as dúas marxes do río. Ademáis, os conxuntos localizanse nos viarios dentro da vía fluvial do Miño, as vías terrestres e os pasos de barca.

 

Cada conxunto relaciónase, ademais, coas unidades territoriais ao longo do Miño, como exemplo a cunca fisiográfica que conforma a zona de Goián-Vila Nova de Cerveira, pechada ao norte pola Serra do Argalo e ao este-sur-oeste polas serras de Gávea e Salgosa, de xeito que as fortificacións e entidades construídas controlan estes espazos. Por outra banda, manteñen unha relación visual e espacial cos conxunto precedente e seguinte, a través dos fachos ou de pequenos postos de vixiancia, de xeito que o control esténdese á totalidade da paisaxe.


A evolución das fortificación no baixo Miño

A fortificación de As Torres

O xacemento está moi arrasado por actividades forestais e vitivinícolas, pero aínda conserva unha estrutura abaluartada en forma de ponta triangular, semellante a un baluarte. Atópase na parroquia de Taborda, a uns 1,96 km ao norte do río Miño e a 1,40 km ao norte da vía de comunicación entre A Guarda e Tui, que discorre paralela ao río Miño. Tamén tiña unha certa relación de proximidade coas outras fortificacións xa documentadas no concello, a 4,74 km ao NE do Forte de Medos e a 3,40 km ao NO da Fortaleza de Amorín e as do complexo de Goián.

A presenza de dous pares de poboacións enfrontadas, a Barca de Goián (actual Goián, en Tomiño) e Vila Nova de Cerveira en Portugal, por unha banda, e Amorín (Tomiño) e São Pedro da Torre en Portugal, por outra, motivou que esta zona fose un dos enclaves nos que se produciu unha maior actividade bélica e mesmo construtiva de todo o Baixo Miño.

Esta fortificación evidencia a intensificación do conflito bélico na súa fase final, especialmente, a partir de 1657, cando se construiron novos complexos defensivos a ambas as dúas beiras da fronteira.


O territorio como estratexia

A defensa e combate polo territorio articulouse en Conxuntos, unidades xeográficas vinculadas ao control das vías de comunicación e os pasos fluviais do Miño. Enclaves como Tui-Valença ou Salvaterra-Monção son exemplos dun denso sistema que se estende por toda a fronteira.

 

Espazo xeográfico da Raia

Denomínase “Raia” á fronteira entre España e Portugal. A Raia Húmeda é o espazo no que o río Miño separa Galicia e Portugal e recibe o nome de Baixo Miño en Galicia e (Alto do Minho en Portugal). A Raia Seca é o resto da fronteira.

 

Os últimos 70 km do Miño forman a fronteira galaico-portuguesa. O río desemboca entre Caminha e A Guarda formando un amplo estuario con moitos arenais e pequenas illas.

 

Este espazo ten un grande interese patrimonial e medioambiental, pois conta con diversas áreas de grande importancia ecolóxica actualmente protexidas.

 

Existe unha correspondencia entre as poboacións a ambos lados do Miño: nos lugares nos que hai pasos de barcas están enfrontadas, como na Barca de Goián-Vila Nova de Cerveira, Tui-Valença ou Salvaterra-Monção. Cando cambia a morfoloxía do terreo, existe unha separación entre estas poboacións, como entre A Guarda e Caminha, separadas polo Monte Santa Trega, ou Melgaço e Crecente onde o río Miño encáixase e dinamiza o seu trazado.

 

O relevo do último tramo caracterízase pola diversidade e a fragmentación, no que se combínanse o val do Miño e os vales perpendiculares a el dos ríos Deva, Temes, Tea, Louro e Tamuxe, en Galicia, e Trancoso, Mouro, Gadanha ou Coura en Portugal.

Pechan o val do Miño polo norte e o sur serras montañosas que alcanzan os 1.000 m de altitude. A orografía da zona fai que existan unha serie de atalaias naturais que empregáronse para o control do territorio, como o Monte Trega ou o Aloia, en Galicia, e os montes Espiga, San Paio ou Gois en Portugal.

 

Estas correspondencias influirán na construción en época moderna dunha serie de conxuntos fortificados, ben pola existencia desta rede de poboamento previa, duns sistemas defensivos precedentes ou da propia articulación do territorio.

Mapa da antiga provincia de Tui entre Douro e Miño onde veñen sinalados as garitas e fachos D. Alexandro de Anglés, 1762 © Centro Geográfico del Ejercito
Mapa da antiga provincia de Tui entre Douro e Miño onde veñen sinalados as garitas e fachos D. Alexandro de Anglés, 1762 © Centro Geográfico del Ejercito