Neste proxecto participa un grupo multidisciplinar de arqueólogos e comunicadores. Os traballos arqueolóxicos serán desenvolvidos por unha equipa da Universidade do Minho, composta por membros do Laboratório de Paisagem, Património e Território (Lab2PT) e da Unidade de Arqueologia (UAUM).
Doutora en arqueoloxia pola Universidade do País Vasco, coa tese “Arquitectura y paisajes fortificados entre Galicia y Portugal durante la Guerra de Restauración (1640-1668)” e investigadora no Lab2PT da Universidade de Minho (Portugal) , e no Laboratório de Paisagens, Património e Território/Lab2PT e do Laboratório Associado para a Investigação e Inovação em Património, Artes, Sustentabilidade e Território/IN2PAST, onde coordena a Linha TL2 – Landscapes, Territories and Cultural Heritage. Anteriormente, traballou como investigadora postdoutoral na USC e no CSIC. Entre 2016 e 2024 foi coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturales do Consello da Cultura Galega. As súas liñas de investigación son as arquitecturas e as paisaxes históricas, especialmente fortificadas e eclesiásticas, a xestión integral do patrimonio e a socialización patrimonial. Dende a súa incorporación ao Lab2PT as súas tres liñas de investigación principais son: Espazos construídos e modelos metodolóxicos; Paisaxes culturais e sociedade; Xestión e socialización do patrimonio. Na web fortalezas.es pode verse parte do resultado de investigación desenvolvido na súa tese de doutoramento.
Doutor em Arqueoloxía pola Universidade do Minho, coa tese “De Bracara a Braga. Dinâmicas económicas e sociais entre os séculos III e XV: uma abordagem arqueológica”, investigador da Unidade de Arqueologia da Universidade do Minho/UAUM, do Laboratório de Paisagens, Património e Território/Lab2PT e do Laboratório Associado para a Investigação e Inovação em Património, Artes, Sustentabilidade e Território/IN2PAST. Os seus principais intereses científicos son a Arqueoloxía Clásica, Tardoantiga e Medieval, a Arqueoloxía Urbana, a Teoría Arqueolóxica e os Estudos de Cultura Material. Ten investigado, sobre todo, acerca das dinámicas políticas e económicas dos momentos históricos marcados por significativas mudanzas sociais e o aprofundamento teórico e metodológico que visa á integración de documentos de variadas naturezas nunha matriz transdisciplinar.
Doutora en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese “Una arqueología de género para el estudio de la sociedad galaica entre los siglos IV–VI d.C.”, cualificada con sobresaliente cum laude, proposta a premio extraordinario e galardoada co segundo premio ÍCARUS 2024 da USC á mellor tese doutoral en Humanidades. Actualmente é investigadora posdoutoral da Xunta de Galicia na Universidade de Santiago de Compostela-CISPAC, onde desenvolve o proxecto COIDARQ: Coidados, materialidades e espazos. Unha análise arqueolóxica das sociedades rurais altomedievais desde a perspectiva de xénero.
A súa investigación céntrase na arqueoloxía de xénero, a arqueoloxía doméstica, as actividades de mantemento e os coidados nas sociedades rurais entre o final do Imperio romano e a Alta Idade Media, especialmente no noroeste peninsular. Actualmente realiza unha estadía de investigación no Lab2PT da Universidade do Minho, dentro da Unidade de Arqueologia, onde desenvolve liñas de traballo vinculadas á arqueoloxía rural, o patrimonio, a memoria e a construción social das paisaxes.
Foi investigadora en diversos proxectos nacionais e internacionais, entre eles ANTIGONE, INPACT, ARPAMED, ECOLOC. Como arqueóloga dirixiu intervencións arqueolóxicas en xacementos como O Castelo de Valencia do Sil e San Vicente de Trigás, onde combina a investigación científica coa formación, a transferencia social e a arqueoloxía en comunidade. As súas principais liñas de investigación son: arqueoloxía de xénero; espazos domésticos e actividades de mantemento; sociedades rurais tardorromanas e altomedievais; coidados, materialidade e vida cotiá; patrimonio, memoria e socialización arqueolóxica.
Mestrado en Arquitetura pola Universidade da Beira Interior (UBI) no ano 2017, coa tese “Arquitectura Desconstrutivista: do Concepto ao Obxecto Arquitectónico”. En 2015 estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade de Valladolid grazas a unha bolsa Becas – Bolsas Iberoamericanas, financiada polo Banco Santander Totta.
Actualmente cursa o programa de doutoramento en Arquitectura na Escola de Arquitectura, Arte e Deseño (EAAD) da Universidade do Minho (UM), desenvolvendo o plan de traballo co DOI: https://doi.org/10.54499/2022.14322.BD, financiado pola Fundação para a Ciência e a Tecnologia (FCT).
É investigador, como estudante de doutoramento, no Laboratorio de Paisaxe, Patrimonio e Territorio (Lab2PT) e no Laboratorio Asociado para a Investigación e a Innovación en Patrimonio, Arte, Sustentabilidade e Territorio (IN2PAST).
Os seus principais intereses científicos son o contorno construído, a historia e teoría da arquitectura, o patrimonio arquitectónico, construído e cultural, a arquitectura militar fortificada e a arquitectura desconstrutivista.
Pola súa banda, o equipo de comunicación está integrado por xornalistas e filólogos e integrado dentro do Grupo de Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
Profesor asociado de Xornalismo na USC. É tamén director de galiciaconfidencial.com e editor de varias cabeceiras locais: xornaldevigo.gal, xornaldacoruna.gal, xornaldecompostela.gal, xornaldelemos.gal, lugoxornal.gal e amarinaxornal.gal . Tamén é coordinador do proxecto neofalantes.gal. Dirixe, ademais a web sobre temática histórica historiadegalicia.gal e o proxecto rutasdehistoria.com . Ten coordinado a comunicación de numerosos proxectos culturais e históricos, entre eles, o Encontro de Banda Deseñada Histórica de Galicia, o festival As notas do Pemento ou o Festival Viñetas desde o Atlántico. Dirixe e presenta o podcast “Que din os Rumorosos, arroutadas da historia de Galicia“.
Xornalista galego con experiencia en prensa dixital, produción de podcasts e comunicación cultural. Ao longo da súa traxectoria traballou en medios de comunicación, gabinetes de prensa e proxectos de divulgación, desenvolvendo labores de redacción, edición, locución e xestión de contidos en diferentes formatos e canles. Profesionalmente traballou no gabinete de comunicación do Ateneo de Santiago,dirixindo Radio Ateneo Podcast. A súa experiencia amplíase como redactor en medios dixitais como Galiciapress ou Xornal de Compostela, ao tempo que exerceu como xornalista freelance, colaborando con entidades, asociacións e institucións en proxectos de comunicación e produción cultural, como a Asociación Federalista de Galicia, o Concello de Lugo, a Fundación Galega contra o Narcotráfico, a Asociación de Periodistas de Santiago ou Alumni USC.
Profesional da comunicación con ampla experiencia en publicidade, deseño e produción audiovisual. Traballou en distintas axencias de publicidade galegas e liderou proxectos de innovación dixital na música tradicional galega. En 2021 funda a axencia K12 Comunicación ampliando os proxectos de consultoría web e publicidade. Na súa experiencia inclúense traballos para o sector público como a CEG, Valedor do Pobo, Textilona, GADISA, Concello de Vigo, Xunta de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela. Tamén ten traballos no apartado audivisual e no ámbito cultural e patrimonio inmaterial. En 2003 nos albores de internet fundou o portal ValMinor.Info, o primeiro xornal dixital centrado en información local da comarca do Val Miñor, traballo polo que obteu o premio Nano Cambeiro de Xornalismo.
Comunicadora en formación con experiencia en edición de vídeo, redacción, xestión de redes sociais, fotografía e creación de contidos. Actualmente cursa estudos no ámbito da comunicación, onde participou en proxectos relacionados coa produción audiovisual, a comunicación dixital e a divulgación cultural.