principal consecuencia desta guerra foi a construción dunha rede defensiva fronteiriza que modernizaba a rede de castelos medievais, dando lugar a unha nova paisaxe que materializou os principios da fortificación abaluartada: agora os castelos medievais, coas súas torres de homenaxe, cambiaron a súa fisonomía, e foron arroupados por baluartes e complexas liñas defensivas.
As terras do arredor enchéronse de fosos, medias lúas, revelíns, hornabeques e outras defensas exteriores que dificultaban o acceso ao exército inimigo ata a fortaleza ou as poboacións da raia.
As cidades fronteirizas sufrirán unha importantísima transformación que modificará radicalmente a súa planta, os sistemas de acceso ou a vida dos seus habitantes, que viron agora o inicio de grandes empresas construtivas no medio de batallas intermitentes.
A Guerra da Restauração Portuguesa (1640-1668) iniciouse tras a proclamación do Duque de Bragança como João IV e finalizou coa independencia de Portugal do reino de Castela. A guerra era a consecuencia do malestar crecente por parte dalgúns grupos políticos e sociais pola anexión de Portugal ao Imperio Hispánico por parte de Felipe II en 1580.
Os 28 anos que durou esta guerra caracterizáronse por enfrontamentos periódicos, tanto pequenas batallas como graves conflitos armados, moitos dos cales foron causados por conflitos en España e Portugal con poderes non ibéricos. España participou na Guerra dos Trinta Anos ata 1648 e na Guerra franco-española ata a 1659, mentres que Portugal participou na Guerra portuguesa-holandesa ata 1663. A fronte mantívose case estática, con algunhas tomas no país inimigo, e, no lado español principalmente mantívose á defensiva ata 1660, dada a prioridade que a Corte de Madrid concedeu para sufocar o Levantamento de Cataluña. Por outro lado a guerra tivo frecuentes treguas debido ao cansazo e pouca preparación dos exércitos de ambas as partes, xa que ambos os reinos estaban en guerra contra outras potencias.
Militarmente a Guerra de Restauración portuguesa consistiu principalmente en escaramuzas fronteirizas e redadas de cabalería contra cidades fronteirizas, combinadas con invasións e contra-invasións ocasionais, moitas delas tímidas e insuficientemente financiadas. Houbo só cinco grandes batallas preparadas coidadosamente durante os vinte e oito anos de hostilidades. A fronte principal do conflito foi Estremadura, seguida da galega, que só gañou importancia nos últimos anos da guerra, a partir de 1665. O conflicto rematou co Imperio español recoñecendo a independencia portuguesa e coa Casa de Bragança como a nova dinastía reinante de Portugal, substituíndo á Casa dos Habsburgo.
A fronte galega foi un teatro secundario da guerra. Debido a estar lonxe da Corte de ambos os reinos e contar cunha orografía brusca non se prestaba para as manobras militares. Nos primeiros anos da guerra destacou a destrución do mosteiro beneditino de Fiaes en 1641, mais a vitoria galega na Batalla de Vilaza fronte á perda española da praza forte de Salvaterra de Miño en 1642, praza que foi recuperada en 1659. O combate limitouse a algunhas incursións mutuas e aos intentos españois sen éxito de recuperar Salvaterra de Miño. As dúas prazas fortes da fronte galega foron Tui e Monterrei. Nelas concentráronse as milicias da Galicia Oriental mais a da Occidental. Cada unha delas tiña subsidiadas outras fortalezas mais pequenas repartidas a cada lado da fronteira do Miño, así o Castelo de Fornelos pertencía á xurisdición guerreira tudense e o Alcázar de Milmanda á de Monterrei, ambas as divisións subordinadas ao mando do Capitán Xeneral de Galicia, título que pasou por varias mans.
A Guerra da Restauração dura ata 1668, coa firma do Tratado de Lisboa, que supón o establecemento da actual fronteira. Portugal recupera Monção, Lapela, San Miguel dos Reis e São Pedro da Torre. Volven a Galicia as prazas da Guarda e Goián. Moitas das fortificacións de campaña destrúense e finalízanse as permanentes, sobre todo as portuguesas, ou constrúense novas fortificacións, como o Castelo de San Lourenzo en Goián.
No Baixo Miño xa existía unha tensión de poderes entre os monarcas e a nobreza rexional, sendo frecuentes as disputas territoriais durante os séculos XII e XIII. A realeza dos dous reinos buscou puntos de apoio para a súa estratexia de empoderamento político-administrativo, incentivando a construción de núcleos de poboación ao longo da marxe do Miño. As poboacións enfrontadas consolídanse ao longo do tempo, as cidades amurállanse ou constrúese nelas un castelo propiedade do monarca.
Durante a época moderna comeza a transformación das vilas para adaptalas aos principios da nova fortificación abaluartada, e construíronse novas fortificacións para reforzar a súa defensa.
Na Raia Húmida a guerra foi descontinua e dependía das dispoñibilidades de persoal e material nos dous exércitos. Foi unha guerra con escasos medios e especialistas, cunha gran importancia da artillería, as armas de infantería e os enxeñeiros, na que a arquitectura defensiva xogou un papel decisivo.
A cantidade de fortificacións atopadas na raia galega, grazas ao intenso traballo de catalogación realizado pola historiadora e especialista en paisaxes bélicas do século XVII, Rebeca Blanco-Rotea, acredita a importancia que a “fronte galega” tivo nesta guerra. E, especialmente importante, é o que aconteceu ao longo das dúas beiras do río Miño, sobre todo, no seu tramo final, entre Salvaterra e A Guarda e entre Monção e Caminha. Ata o momento, Blanco-Rotea tiña identitificou 46 construcións bélicas a un e outro lado desta raia, 24 deles entre Tui e Tomiño e entre Valença do Miño e Vilanova da Cerveira.
De feito, tanto os actuais concellos de Vilanova de Cerveira e São Pedro da Torre da banda portuguesa, como o Tomiño da banda galega, concentran a maior parte destas fortalezas. Un feito que demostra a importancia que a guerra tivo nesta comarca.
Esta guerra confirma o cambio das vellas defensas de orixe medieval ás fortificacións de tipo abaluartado nos que se incorpora artillería aos sistemas defensivos. De feito, na fronteira miñota existen dous modelos diferentes de fortificación: a medieval, baseada no emprego de altas murallas e torres, e a moderna, cun recinto poligonal que emprega o baluarte, do que recibe o seu nome.
Esta guerra confirma o cambio das vellas defensas de orixe medieval ás fortificacións de tipo abaluartado nos que se incorpora artillería aos sistemas defensivos. De feito, na fronteira miñota existen dous modelos diferentes de fortificación: a medieval, baseada no emprego de altas murallas e torres, e a moderna, cun recinto poligonal que emprega o baluarte, do que recibe o seu nome.
Con troneiras nos frontes, defende lugares inmediatos ás fortalezas.
Obra exterior engadida a un forte protexendo o acceso.
Fortaleza de pequeno tamaño; se é moi pequeno chámase Fortín.
Los juegos de la Fortificación, 1752
Pablo Minguet e Yrol © Biblioteca Nacional de España
Existían unha gran cantidade de calibres e tipos de pezas. Cada reino contaba cos seus propios centros productores. No século XVI nacen dous tipos de artillería:
(Medio, Tercio e Cuarto de canón…), de menor tamaño, posuían unha maior potencia de fogo e consumían menos pólvora.
Caracterizábanse pola súa gran boca de fogo, fundido dunha soa peza, e eran de mediano e pequeno calibre.
Os avances neste momento son as cureñas, dótanse de rodas para transportar as armas con facilidade durante as operacións militares, e empréganse pezas lixeiras tiradas por cabalos.