O Campo de Voluntariado de As Torres (Tomiño) convídate a participar nun proxecto educativo e arqueolóxico no corazón da raia galego-portuguesa. Durante esta actividade, colaborarás na escavación e documentación da fortaleza de As Torres, un baluarte do século XVII, xunto á comunidade de montes de Taborda, a Universidade do Minho e a Facultade de Xornalismo da USC.
Catalogar e documentar restos arqueolóxicos.
Divulgar a historia do lugar mediante xornadas e actividades abertas.
Recoller a toponimia local e conectar coas raíces da comunidade.
Visitas a fortalezas históricas en Galicia e Portugal.
Ruta en kaiak polo mar.
Obradoiros medievais: creación de xoias e decoración con abalorios.
Se che apaixona a arqueoloxía, a cultura e queres vivir unha experiencia enriquecedora rodeado de xente con intereses comúns, este é o teu lugar.
¡Anótate e forma parte da historia!