O proxecto Fortalezas da Fronteira volve este xullo ao Baixo Miño con escavacións arqueolóxicas, BARferencias e roteiros polas fortificacións militares do século XVII

O proxecto Fortalezas da Fronteira volve novamente ao xacemento de As Torres, en Taborda, Tomiño, cunha intensa campaña de actividades arqueolóxicas, culturais, patrimoniais e educativas. A iniciativa, impulsada polas universidades de Santiago e do Minho (Portugal) e a Comunidade de Montes de Taborda, vai asociada cunha nova campaña do campo de voluntariado “As Torres”, impulsado no marco da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, e combina investigación arqueolóxica, divulgación patrimonial, participación social e actividades no territorio. Como aconteceu o pasado ano, Fortalezas da Fronteira realizará numersoas BARferencias e visitas guiadas, unha programación aberta á cidadanía que se desenvolverá entre o 6 e o 18 de xullo e que ten como eixo común as fortificacións galego-portuguesas da guerra do século XVII entre Galicia e Portugal. O programa permitirá achegar á veciñanza e ás persoas visitantes