A reitora da USC, a directora xeral de Xuventude e representantes da UMinho coñecen de primeira man as escavacións arqueolóxicas das Torres

A arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea guiou unha visita institucional ao xacemento, onde presentou os resultados da campaña de Fortalezas da Fronteira e os novos achados realizados este ano O xacemento arqueolóxico das Torres, en San Miguel de Taborda (Tomiño), recibiu este mércores a visita dunha ampla representación institucional e académica para coñecer de primeira man os avances da campaña arqueolóxica que se desenvolve no marco do proxecto Fortalezas da Fronteira. A visita estivo guiada pola arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, investigadora da Universidade do Minho e directora científica do proxecto, que explicou sobre o terreo os traballos realizados durante esta edición, os novos descubrimentos e a evolución das investigacións respecto á campaña do pasado ano. Entre as persoas asistentes atopábanse Lara Meneses, directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia; Rosa Crujeiras, reitora