Os arqueólogos descobren evidencias dun grande incendio en época medieval e máis de 700 pezas arqueolóxicas no complexo de As Torres (Tomiño)

O equipo de Fortalezas da Fronteira traballou nos dous outeiros do sitio arqueolóxico de As Torres. O outeiro norte foi plenamente identificado como un fortín militar da guerra do XVII con Portugal. O sur tamén, pero tería sido previamente un complexo militar medieval aproveitado en época moderna. Os dous sitúanse sobre unha gran mina romana. O equipo de investigación desenterrou máis de 700 pezas, a maioría delas, de tipo cerámico, na escavacións que se realizaron no outeiro sur. "Un volume de material moi interesante para os días de traballo que empregamos", apunta Rebeca Blanco-Rotea, investigadora principal deste proxecto no que traballan conxuntamente un equipo arqueolóxico da Universidade do Minho e outro de divulgación e comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, e como aconteceu na campaña do

A campaña arqueolóxica das Torres descobre uns estribos de cabalo que achegan novas claves sobre a ocupación medieval do xacemento

As pezas apareceron durante a intervención arqueolóxica sobre un pavimento asociado a materiais dos séculos XIII e XIV e reforzan a hipótese de que o recinto medieval foi reutilizado durante a Guerra da Restauração A campaña arqueolóxica que o proxecto Fortalezas da Fronteira desenvolve no xacemento das Torres, en San Miguel de Taborda (Tomiño), vén de documentar un dos achados máis relevantes desta edición: varios elementos metálicos de carácter militar, entre os que destacan uns estribos de cabalo, localizados nun contexto arqueolóxico que permitirá avanzar na cronoloxía e evolución deste complexo defensivo. Segundo explicou a arqueóloga e directora científica do proxecto, Rebeca Blanco-Rotea, este ano incorporouse á campaña unha nova metodoloxía baseada na arqueoloxía do conflito, coa colaboración do especialista Gorka Martín, investigador da Universidade do País Vasco. "O primeiro foi explicar que non se debe

Brais Currás: “A minería romana transformou a paisaxe do Baixo Miño con moitos destas minas ocultas ou desfeitas na actualidade”

O investigador do Instituto de Historia do CSIC participou este xoves na Social de Estás cunha charla sobre a transformación da paisaxe e das comunidades do val durante a época romana O ciclo de BARferencias de Fortalezas da Fronteira continuou este pasado xoves na Social de Estás, na parroquia tomiñesa de Estás, cunha charla do arqueólogo e investigador Brais Currás, do Instituto de Historia do Consello Superior de Investigacións Científicas. Baixo o título “A minería de ouro romana no Baixo Miño: xente, lugares e poboados”, Currás achegou ao público unha lectura arqueolóxica da profunda transformación que viviu o territorio coa chegada e consolidación do dominio romano. Durante a súa intervención, o investigador explicou que a súa liña de traballo se centra no estudo da transición entre a Idade do Ferro e a época romana

O gran sistema fortificado de Tui e Valença, protagonista dun roteiro e dunha BARferencia de Fortalezas da Fronteira

A programación inclúe este venres unha charla no Al Dente, no Mercado de San Antonio en Tui, e unha visita guiada o sábado aos sistemas fortificados da antiga capital galega e de Valença o día 12 de xullo A actividade correrá a cargo da arqueóloga e profesora da Universidade do Minho Rebeca Blanco-Rotea e do arquitecto Tiago Rodrigues, coa presenz dos alcaldes de Tui e Valença O proxecto Fortalezas da Fronteira continúa esta semana coa súa programación aberta á cidadanía cunha dobre proposta en Tui arredor da paisaxe fortificada da raia. A iniciativa combinará unha nova sesión do ciclo de BARferencias, este venres 10 de xullo, e un roteiro polos sistemas fortificados de Tui, previsto para o día 12 de xullo. A primeira das actividades terá lugar este venres 10 de xullo ás 20:30

Gorka Martín: “Os detectoristas ilegais, co espolio dos xacementos, destrúen os contextos arqueolóxicos da investigación”

O investigador posdoutoral da Universidade do País Vasco inaugurou este luns o ciclo de BARferências de Fortalezas da Fronteira coa conferencia 'Detectores e arqueoloxía: o que non se pode facer' O ciclo de BARferencias de Fortalezas da Fronteira arrancou este luns no Novo Bar, en Carregal, cunha charla do investigador posdoutoral da Universidade do País Vasco Gorka Martín Echevarría, titulada Detectores e arqueoloxía: o que non se pode facer. A sesión serviu para achegar ao público unha cuestión central para a protección do patrimonio: os perigos do uso non autorizado e non sistemático dos detectores de metais en contextos arqueolóxicos. Durante a súa intervención, Martín explicou que a súa liña de investigación se centra na arqueoloxía do conflito e dos campos de batalla, un ámbito no que o

O proxecto Fortalezas da Fronteira volve este xullo ao Baixo Miño con escavacións arqueolóxicas, BARferencias e roteiros polas fortificacións militares do século XVII

O proxecto Fortalezas da Fronteira volve novamente ao xacemento de As Torres, en Taborda, Tomiño, cunha intensa campaña de actividades arqueolóxicas, culturais, patrimoniais e educativas. A iniciativa, impulsada polas universidades de Santiago e do Minho (Portugal) e a Comunidade de Montes de Taborda, vai asociada cunha nova campaña do campo de voluntariado “As Torres”, impulsado no marco da Campaña de Verán da Xunta de Galicia, e combina investigación arqueolóxica, divulgación patrimonial, participación social e actividades no territorio. Como aconteceu o pasado ano, Fortalezas da Fronteira realizará numersoas BARferencias e visitas guiadas, unha programación aberta á cidadanía que se desenvolverá entre o 6 e o 18 de xullo e que ten como eixo común as fortificacións galego-portuguesas da guerra do século XVII entre Galicia e Portugal. O programa permitirá achegar á veciñanza e ás persoas visitantes

Turonia achega a un cento de escolares ao patrimonio arqueolóxico de As Torres, en Tomiño

O proxecto docente e arqueolóxico Turonia desenvolveu unha intensa campaña pedagóxica e de posta en valor do patrimonio que incluíu itinerarios formativos por diferentes puntos estratéxicos do concello de Tomiño. Un dos fitos centrais desta xeira foi a visita dun cento de estudantes e o estudo práctico na escavación arqueolóxica de As Torres, na parroquia de San Miguel de Taborda, un enclave clave onde as recentes pescudas desenterraron unha batería fortificada da Guerra da Restauración portuguesa que, segundo constataron os investigadores, se asenta sobre estruturas defensivas reaproveitadas dende a época romana e medieval. Alí, a arqueóloga Rebeca Blanco explicoulles a importancia de todo o complexo patrimonial. É a primeira gran visita do ano a un xacemento que este ano promete moitas novidades. O proxecto docente e arqueolóxico de

O xacemento de As Torres revela unha historia máis antiga e complexa do esperado na fronteira do Miño

O xacemento de As Torres, na parroquia de San Miguel de Taborda (Tomiño), resultou ser moito máis que unha batería militar vinculada á Guerra da Restauração portuguesa. A intervención arqueolóxica realizada no verán de 2025 permitiu documentar un complexo defensivo de longa duración, no que se superpoñen unha explotación mineira romana, unha estrutura fortificada baixomedieval e unha reocupación militar na Idade Moderna. Os traballos desenvolvéronse no marco do proxecto Fortalezas da Fronteira, que estuda o sistema defensivo histórico da raia do Miño, e tiñan como obxectivo caracterizar unha entidade fortificada identificada en 2023. Ata o de agora, a principal hipótese apuntaba a que As Torres fose unha batería levantada polo exército castelán en 1666, destinada a controlar o paso desde Goián cara ao Val do Rosal e Tui, nun dos momentos finais da Guerra da Restauração (1640–1668). Porén, os

Cinema e patrimonio: Fortalezas da Fronteira amosa como integrar á comunidade local nos proxectos arqueolóxicos

Rebeca Blanco-Rotea guiou un debate co público tras a proxección de A Festa do Emigrante e Arqueoloxía do Conflito, da directora Sara Traba Tomiño, luns 15 de setembro de 2025.– A Casa Sebastián, en Taborda (Tomiño), foi escenario onte dunha nova BARferencia do proxecto Fortalezas da Fronteira, nesta ocasión en formato cinema. O encontro consistiu na proxección de dous mini documentais da directora Sara Traba —A Festa do Emigrante (2021) e Arqueoloxía do Conflito (2018)— acompañados dun coloquio conducido pola arqueóloga e historiadora Rebeca Blanco-Rotea. Segundo explicou Blanco-Rotea, esta sesión buscou abrir un espazo de reflexión sobre o papel das comunidades locais no traballo arqueolóxico e sobre como abordar o estudo dos conflitos armados desde unha perspectiva histórica e social. “Estes documentais están moi relacionados co que facemos no proxecto, porque amosan como a arqueoloxía