Queres asistir á escavación da fortaleza de As Torres?
Queres ser o protagonista dunha época épica da historia de Galicia?. Queres formar parte do equipo de escavación e de investigación dun dos periodos históricos máis interesantes da relación entre Galicia e Portugal?. Se es maior de idade e tes menos de 30 anos, es aventureiro ou aventureira, gústache a natureza, a diversidade cultural, a comunicación e as redes sociais, a memoria oral, a historia e, sobre todo, queres coñecer xente nova, interesante e divertida, viaxar por Galicia e Portugal e navegar polo Miño, esta é a túa oportunidade. O I Campo de Voluntariado de Tomiño ábreche as súas portas. Para participar só tes que cubrir este formulario e escoller a última opción, 390009, Na procura das fortalezas do Baixo Miño. Apura, son 15 prazas e voan. Pero para entender do que estamos