O gran sistema fortificado de Tui e Valença, protagonista dun roteiro e dunha BARferencia de Fortalezas da Fronteira
A programación inclúe este venres unha charla no Al Dente, no Mercado de San Antonio en Tui, e unha visita guiada o sábado aos sistemas fortificados da antiga capital galega e de Valença o día 12 de xullo A actividade correrá a cargo da arqueóloga e profesora da Universidade do Minho Rebeca Blanco-Rotea e do arquitecto Tiago Rodrigues, coa presenz dos alcaldes de Tui e Valença O proxecto Fortalezas da Fronteira continúa esta semana coa súa programación aberta á cidadanía cunha dobre proposta en Tui arredor da paisaxe fortificada da raia. A iniciativa combinará unha nova sesión do ciclo de BARferencias, este venres 10 de xullo, e un roteiro polos sistemas fortificados de Tui, previsto para o día 12 de xullo. A primeira das actividades terá lugar este venres 10 de xullo ás 20:30