O xacemento de As Torres revela unha historia máis antiga e complexa do esperado na fronteira do Miño

O xacemento de As Torres, na parroquia de San Miguel de Taborda (Tomiño), resultou ser moito máis que unha batería militar vinculada á Guerra da Restauração portuguesa. A intervención arqueolóxica realizada no verán de 2025 permitiu documentar un complexo defensivo de longa duración, no que se superpoñen unha explotación mineira romana, unha estrutura fortificada baixomedieval e unha reocupación militar na Idade Moderna. Os traballos desenvolvéronse no marco do proxecto Fortalezas da Fronteira, que estuda o sistema defensivo histórico da raia do Miño, e tiñan como obxectivo caracterizar unha entidade fortificada identificada en 2023. Ata o de agora, a principal hipótese apuntaba a que As Torres fose unha batería levantada polo exército castelán en 1666, destinada a controlar o paso desde Goián cara ao Val do Rosal e Tui, nun dos momentos finais da Guerra da Restauração (1640–1668). Porén, os

Cinema e patrimonio: Fortalezas da Fronteira amosa como integrar á comunidade local nos proxectos arqueolóxicos

Rebeca Blanco-Rotea guiou un debate co público tras a proxección de A Festa do Emigrante e Arqueoloxía do Conflito, da directora Sara Traba Tomiño, luns 15 de setembro de 2025.– A Casa Sebastián, en Taborda (Tomiño), foi escenario onte dunha nova BARferencia do proxecto Fortalezas da Fronteira, nesta ocasión en formato cinema. O encontro consistiu na proxección de dous mini documentais da directora Sara Traba —A Festa do Emigrante (2021) e Arqueoloxía do Conflito (2018)— acompañados dun coloquio conducido pola arqueóloga e historiadora Rebeca Blanco-Rotea. Segundo explicou Blanco-Rotea, esta sesión buscou abrir un espazo de reflexión sobre o papel das comunidades locais no traballo arqueolóxico e sobre como abordar o estudo dos conflitos armados desde unha perspectiva histórica e social. “Estes documentais están moi relacionados co que facemos no proxecto, porque amosan como a arqueoloxía

Visitas de Rutas de Historia

Máis de 60 persoas coñeceron o proxecto Fortalezas da Fronteira nun roteiro pola historia de Tomiño

Un percorrido histórico dende a época romana ata hoxe para dar a coñecer a fortaleza das Torres e o patrimonio de Tomiño Máis de sesenta persoas participaron este pasado sábado nun roteiro histórico-cultural polas aldeas de Tomiño organizado no marco do proxecto Rutas de Historia e guiado por Xurxo Salgado, xornalista e divulgador e veciño da localidade. O obxectivo foi dar a coñecer o traballo de Fortalezas da Fronteira, un proxecto de investigación, escavación e divulgación que estuda a paisaxe fortificada transfronteiriza do Baixo Miño e a súa evolución histórica desde o século XVII ata hoxe. O percorrido levou aos participantes nunha viaxe ao longo da historia do concello, remontándose á época castrexa e romana e chegando ata a época contemporánea. A primeira parada tivo lugar no centro da

O campesiñado galego, os incendios forestais e os cambios sociais no rural: Carlos Tejerizo reflexiona sobre os lumes nunha charla en Tomiño

O arqueólogo destacou que os incendios forestais recentes están ligados ás transformacións estruturais do rural galego e á perda das prácticas tradicionais de xestión do monte O arqueólogo e investigador Carlos Tejerizo, impulsor do proxecto Sputnik Labrego, foi o protagonista da BARferencia celebrada onte na Taberna Val de Tebra, enmarcada no proxecto de escavación arqueolóxica das Torres – Tomiño. Na súa intervención, titulada “De campesiñado, guerrilleiros e lumes: unha aproximación arqueolóxica ao rural galego”, Tejerizo explicou como a arqueoloxía pode axudar a entender os procesos históricos que levaron ás sociedades labregas a experimentar profundas mudanzas nas últimas décadas. Destacou que fenómenos recentes como os incendios forestais que arrasaron Galicia nas últimas semanas non son feitos illados, senón que se inscriben nunha transformación estrutural do territorio e da relación entre as comunidades

O Baixo Miño ante o reto ambiental: Manuel Ángel Pombal fala en Tomiño sobre a necesidade de conservar os ecosistemas e especies ameazadas

O biólogo e membro de ANABAM repasou os humidais da Valga e Pinzás e puxo exemplos de especies en risco cuxa presenza está a diminuír na comarca La de Maika - Centro Tomiñés acolleu onte unha nova charla do ciclo de BARferencias do proxecto Fortalezas da Fronteira. Nesta ocasión, o doutor en Bioloxía e membro da Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM), Manuel Ángel Pombal “Peque”, falou sobre ‘Ecosistemas e especies ameazadas do Baixo Miño’. Na súa intervención, Pombal destacou a riqueza natural do Baixo Miño, un enclave privilexiado no suroeste galego que alberga unha gran diversidade de hábitats, entre eles humidais como os da Valga ou Pinzás. O biólogo explicou como estes espazos son fundamentais para a conservación da biodiversidade e serven de refuxio a numerosas especies de

Illas fantasma, mapas de poder e un país que muda de rostro: Manuel Gago explora a metamorfose de Galicia nos mapas históricos

O xornalista e divulgador cultural percorreu a cartografía dende a época romana ata a Idade Moderna para explicar como Galicia pasou de ser un nodo atlántico central a converterse nun espazo periférico nas representacións europeas Tomiño, 12 de setembro de 2025.– O Restaurante Florentiña acolleu na tarde de onte unha nova sesión do ciclo de BARferencias do proxecto Fortalezas da Fronteira, que nesta ocasión contou coa participación do xornalista e divulgador cultural Manuel Gago. Baixo o título ‘O rostro mutante: Galicia na cartografía medieval e moderna’, Gago ofreceu unha viaxe pola historia da representación de Galicia nos mapas, dende a Antigüidade ata a Idade Moderna. Na súa intervención, o divulgador explicou como a imaxe de Galicia foi cambiando ao longo dos séculos, non só en función dos avances científicos

A intervención arqueolóxica das Torres apunta a que podería tratarse dun fortín estratéxico para conter unha invasión portuguesa

Esta intervención permitiu identificar o acceso, os foxos e a contramuralla dunha fortificación construída sobre antigas explotacións mineiras romanas A  campaña de escavación arqueolóxica que se está a desenvolver na fortaleza das Torres, no marco do campo de traballo de xuventude da Consellería de Xuventude da Xunta de Galicia, está a permitir coñecer novos detalles sobre este enclave defensivo do século XVII. Segundo explicou a arqueóloga e historiadora Rebeca Blanco-Rotea, os primeiros traballos de limpeza e sondaxe permiten interpretar que o xacemento, inicialmente identificado como unha batería, puido tratarse en realidade dun fortín construído en terra e con revestimento parcial en pedra, e non un baluarte como se interpretou nun primeiro momento. Trataríase dun sistema defensivo estratéxico no control das rutas que unían A Guarda con Tui e Tui con Baiona

O cinto defensivo de Monção-Salvaterra do Miño nas guerras do XVII, un descubrimento pendente de investigación

A arqueóloga explicou como a arqueoloxía permite reconstruír as paisaxes defensivas da Guerra da Restauración e presentou novos descubrimentos en Salvaterra do Miño Tomiño, mércores 10 de setembro de 2025.– O ciclo de charlas abertas á cidadanía do proxecto Fortalezas da Fronteira arrincou onte no Espazo Fortaleza de Goián cunha conferencia da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, investigadora do Lab2PT da Universidade do Minho. Na súa intervención, Blanco-Rotea contextualizou o proxecto dende o punto de vista histórico e da transformación da paisaxe durante a Guerra da Restauración (1640–1668). Explicou como a arqueoloxía traballa coa materialidade das guerras e amosou tres estudos de caso: o conxunto defensivo de Goián–Vilanova de Cerveira, as fortificacións desaparecidas de Campos —hoxe destruídas por un polígono industrial— e o cinto defensivo de Monção, levantado en 1658 polo exército galego durante a recuperación de Salvaterra do Miño.

“A guerra que nos separou e agora nos une”: Comeza en Tomiño o campo de voluntariado arqueolóxico ‘Fortalezas da Fronteira’ no xacemento das Torres

“A guerra que nos separou e agora nos une”: Comeza en Tomiño o campo de voluntariado arqueolóxico ‘Fortalezas da Fronteira’ no xacemento das Torres Arqueólogos, comunicadores, mozos voluntarios e a Comunidade de Montes de Taborda colaboran na intervención dunha batería militar, fundamental na Guerra do século XVII entre os exércitos galego e portugués Tomiño, martes 9 de setembro de 2025.– As actividades do campo de traballo e de intervención no xacemento arqueolóxico das Torres, en Taborda (Tomiño), deron comezo hoxe cunha charla da arqueóloga Rebeca Blanco-Rotea, doutora en Arqueoloxía pola Universidade do País Vasco e investigadora do Lab2PT da Universidade do Minho. Na súa intervención explicou a historia que rodea ao enclave, unha antiga explotación mineira romana reutilizada como batería militar durante a Guerra da Restauración (século XVII), que tivo um papel