O campesiñado galego, os incendios forestais e os cambios sociais no rural: Carlos Tejerizo reflexiona sobre os lumes nunha charla en Tomiño
O arqueólogo destacou que os incendios forestais recentes están ligados ás transformacións estruturais do rural galego e á perda das prácticas tradicionais de xestión do monte O arqueólogo e investigador Carlos Tejerizo, impulsor do proxecto Sputnik Labrego, foi o protagonista da BARferencia celebrada onte na Taberna Val de Tebra, enmarcada no proxecto de escavación arqueolóxica das Torres – Tomiño. Na súa intervención, titulada “De campesiñado, guerrilleiros e lumes: unha aproximación arqueolóxica ao rural galego”, Tejerizo explicou como a arqueoloxía pode axudar a entender os procesos históricos que levaron ás sociedades labregas a experimentar profundas mudanzas nas últimas décadas. Destacou que fenómenos recentes como os incendios forestais que arrasaron Galicia nas últimas semanas non son feitos illados, senón que se inscriben nunha transformación estrutural do territorio e da relación entre as comunidades