Máis de 60 persoas coñeceron o proxecto Fortalezas da Fronteira nun roteiro pola historia de Tomiño
Un percorrido histórico dende a época romana ata hoxe para dar a coñecer a fortaleza das Torres e o patrimonio de Tomiño Máis de sesenta persoas participaron este pasado sábado nun roteiro histórico-cultural polas aldeas de Tomiño organizado no marco do proxecto Rutas de Historia e guiado por Xurxo Salgado, xornalista e divulgador e veciño da localidade. O obxectivo foi dar a coñecer o traballo de Fortalezas da Fronteira, un proxecto de investigación, escavación e divulgación que estuda a paisaxe fortificada transfronteiriza do Baixo Miño e a súa evolución histórica desde o século XVII ata hoxe. O percorrido levou aos participantes nunha viaxe ao longo da historia do concello, remontándose á época castrexa e romana e chegando ata a época contemporánea. A primeira parada tivo lugar no centro da